O comezo do Progreso


O Progreso éche algo fundamental, tanto que ata merece un blog. Non me refiro ao Grupo El Progreso, que ese tamén ten moita importancia, senón a esa enorme forza que leva ao ser humano a ir sempre para adiante, nunca para atrás, nin sequera para retroceder, mesmo se no intento rompe os cornos.

Tolean os científicos coa expansión do universo. ¿Que interés pode ter o Universo en expandirse? ¿Conseguir máis espazo vital? ¿Apropiarse de galaxias rústicas para despois recalificalas? ¡Que va, oh! ¡É o Progreso!

Bible FightDe todas formas, tempo teremos de falar sobre o futuro que nos agarda en plena expansión, das tecnoloxías para conquistalo e dos trebellos para rompelo. Hoxe a cousa vai de comezos, así que empecemos polo xénese dos Xénese. Bible Fight é un xogo en flash de loita arcade no que podes enfrontar a figuras bíblicas como Adán, Eva, Moisés, Noé ou Satán. O único que desentona é Xesús, que non saía nese capítulo da serie, pero eu creo que o enchufou o seu pai.

Enlace: Bible Fight
Vía: Código Cero

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Galeguizando a rede

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

ekibastos…

ekibastos…