Memorias dun Fotón


Mándache carallo.Resulta que uns físicos do Laboratorio Kastler-Brossel de París conseguiron medir o estado dun fotón senFotón destruilo. Claro, parécerache pouca cousas, criatura ignorante, pero iso é unha innovación case tan grandiosa coma o bocadillo de zorza con queixo!

Un fotón é o mellor xogador de escondite que hai no Universo. Polo xeral, desaparece cando o atopas. O ollo, do mesmo xeito que calquera elemento da natureza capaz de recibir a luz, absorbe e destrúe calquera fotón detectado e toda a información, polo que a propia luz non é máis que un rexistro de fotóns destruidos.A novidade aportada por estes franceses foi que conseguiron atrapar un fotón nunha cavidade superconductora observando, en tempo real, o seu nacemento, vida e destrucción nun intervalo de segundo, usando para iso a electrodinámica cuántica en cavidades, unha rama da Óptica Cuántica… pero esa,
é outra historia.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Galeguizando a rede

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!