Memorias dun Fotón
Mándache carallo.Resulta que uns físicos do Laboratorio Kastler-Brossel de París conseguiron medir o estado dun fotón sen destruilo. Claro, parécerache pouca cousas, criatura ignorante, pero iso é unha innovación case tan grandiosa coma o bocadillo de zorza con queixo!

Un fotón é o mellor xogador de escondite que hai no Universo. Polo xeral, desaparece cando o atopas. O ollo, do mesmo xeito que calquera elemento da natureza capaz de recibir a luz, absorbe e destrúe calquera fotón detectado e toda a información, polo que a propia luz non é máis que un rexistro de fotóns destruidos.A novidade aportada por estes franceses foi que conseguiron atrapar un fotón nunha cavidade superconductora observando, en tempo real, o seu nacemento, vida e destrucción nun intervalo de segundo, usando para iso a electrodinámica cuántica en cavidades, unha rama da Óptica Cuántica… pero esa,

é outra historia.

Galeguizando a rede
Como pataca do país, tamén me preocupa o estado da lingua na rede.

O Día das Letras caracterízase polo ‘uso folclórico’ e anecdótico da lingua, algún xornal traduce a portada, regálanse libriños e cousas así, pero hai outros que fan algunha iniciativa decidida a prol da lingua.

Netvibes, por exemplo, estreou a versión en galego. Así, poderás ter na lingua rosaliana a túa páxina con blogs, novas, vídeos, podcasts, mail, chats, etc.

E é que onte foi o Día das Letras e mailo día de Internet. E tamén nos enteramos que no cibermundo o galego está máis ca subvencionado. Segundo o investigador do IDESGA Carlos Macía, a metade da produción web galega depende de cartos públicos. Pesimistas? Non, hai datos positivos. Por exemplo, os 3.000 blogs que ten indexados Blogaliza. Hai contido en galego e feito sen subvención.

O comezo do Progreso
O Progreso éche algo fundamental, tanto que ata merece un blog. Non me refiro ao Grupo El Progreso, que ese tamén ten moita importancia, senón a esa enorme  forza que leva ao ser humano a ir sempre para adiante, nunca para atrás, nin sequera para retroceder, mesmo se no intento rompe os cornos.

Tolean os científicos coa expansión do universo. ¿Que interés pode ter o Universo en expandirse? ¿Conseguir máis espazo vital? ¿Apropiarse de galaxias rústicas para despois recalificalas? ¡Que va, oh! ¡É o Progreso!

De todas formas, tempo teremos de falar sobre o futuro que nos agarda en plena expansión, das tecnoloxías para conquistalo e dos trebellos para rompelo. Hoxe a cousa vai de comezos, así que empecemos polo xénese dos Xénese. Bible Fight é un xogo en flash de loita arcade no que podes enfrontar a figuras bíblicas como Adán, Eva, Moisés, Noé ou Satán. O único que desentona é Xesús, que non saía nese capítulo da serie, pero eu creo que o enchufou o seu pai.

Enlace: Bible Fight

Vía: Código Cero